Denuncian a "situación alarmante" da saúde mental do colectivo LGTBi xuvenil

N0 2022 rexistráronse 68 indicentes de odio en Galicia cara este colectivo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2023 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

Un estudo elaborado pola Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual Alas A Coruña constata un "leve descenso" nos datos de incidentes de odio rexistrados en Galicia pero unha "estabilización" do número de agresións directas ao colectivo LGTBi.

En 2022 rexistráronse 68 incidentes de odio na comunidade, un 17,07% menos que en 2021, dos cales 58 están considerados como agresións cara á este colectivo, cifra que "se mantén" respecto ao ano anterior.

Así o manifestou a presidenta de Alas A Coruña, Ana García Fernández. Fíxoo na presentación do informe 2022 do Observatorio Coruñés contra a LGTBifobia, publicado baixo o título 'Nin vagas nin maleantes', no consistorio coruñés coa presenza da concelleira de Benestar Social, Yoya Neira.

A quinta edición deste documento reflicte que en 2022 o servizo ofrecido por Alas A Coruña realizou 330 atencións, 24 menos que o ano anterior, a persoas de 23 nacionalidades diferentes --o 65,1% eran españolas-- fronte ás 15 procedencias distintas de 2021. O 59,02% dos usuarios foron asistidos na Coruña.

Neste sentido, Fernández insistiu na necesidade de "reforzar os recursos específicos habitacionales existentes" na cidade herculina porque "non son suficientes agora mesmo". "Vemos constantemente como persoas non poden ser acollidas quedando en situacións verdadeiramente precarias e perigosas", asegurou.

ASESORAMENTO

Respecto ao tipo de asesoramentos, a presidenta explicou que manteñen unha estrutura "moi similar" ao informe anterior e "a maioría son de tipo social, seguidos polos de tipo legal, sanitario, educativo e laboral".

Dos servizos ofrecidos, destacou que "un ano máis" o número de persoas que precisaban recursos de saúde mental é "altísimo". "Recalcamos a necesidade de pór en marcha por parte das institucións programas que conten con profesionais de saúde mental", reclamou. Na mesma liña, Yoya Neira denunciou unha situación "absolutamente alarmante" de saúde mental no colectivo xuvenil e esixiu "máis recursos".

Presentación dun informe sobre o colectivo LGTBI. ANDY PÉREZ
Presentación dun informe sobre o colectivo LGTBI. ANDY PÉREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta