Por Europa Press / Redacción | FERROL | 21/04/2023 | Actualizada ás 16:41
A cidade de Ferrol acolleu este venres, 21 de abril, a primeira das 14 feiras do libro que se celebrarán durante as próximas semanas por toda Galicia. Ata o vindeiro domingo, día 23, cinco librarías e unha editorial ofrecen aos lectores varias propostas con descontos dun 10%.
Durante os tres días da feira, unha trintena de autores realizarán diversas actividades, sobre todo firmas de libros, ademais de participar en presentacións ou obradoiros. As librarías participantes son Pedreira, Cortizas, Estraviz, Central Libreira Real e Metrópoles Cómics, ademais de Edicións Embora.
OUTRAS FEIRAS
En canto ao calendario, tras Ferrol, será o momento de Santiago de Compostela (de 29 de abril a 7 de maio), O Porriño (do 11 ao 14) e Lugo (do 16 ao 20). Posteriormente haberá paradas en Vilalba (do 2 a 4 de xuño), Ourense (do 7 a 10 de xuño), Redondela (do 15 a 18 de xuño), Vigo (do 23 a 29 de xuño), Ponteareas (do 13 a 16 de xullo) e Rianxo (do 22 a 25 de xullo). Xa en agosto, o circuíto chegará á Coruña (do 1 ao 10), Viveiro (do 12 ao 15), Foz (do 17 ao 20) e Monforte de Lemos (do 23 ao 26).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.