O BNG critica nas Pontes que se lle poña "etiqueta verde ao espolio de toda a vida"

Pide executar nesta localidade "un centro de I+D+i en materia de almacenamento de enerxía".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2023 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou, durante unha visita ás Pontes, unha "transición enerxética xusta e democrática". "Non podemos permitir que se lle pretenda pór a etiqueta de verde ao espolio de toda a vida", esgrimiu, antes de advertir que, para que haxa unha transición enerxética xusta, o primeiro que tocaría é "facer un concurso con eses 1.400 megawatts que van quedar liberados" co cesamento da central térmica de Endesa.

Ditas manifestacións realizounas a líder dos nacionalistas nas Pontes, tras unha visita a unha empresa da localidade, no polígono industrial de Penapuereira e a un centro de día, na que estivo acompañada de varios dos integrantes da lista electoral do BNG ás próximas eleccións.

"Hai zonas onde ese proceso xa se está levando adiante, con todo vemos como aquí non hai un concurso público que permita unha distribución deses megawatts para que signifiquen unha reindustrialización desta zona", advertiu. "Cremos que esa transición para que se sexa xusta ten que ter proxectos concretos de desenvolvemento nas zonas afectadas e o que estamos a ver nas Pontes é que hai moitos anuncios, que hai moita propaganda, pero non hai unha garantía de que se faga esa transición enerxética xusta", agregou, a continuación.

CENTRO DE I+D+i

A portavoz do BNG situouse a favor de executar nesta localidade "un centro de I+D+i en materia de almacenamento de enerxía", xa que estimou que "esa é unha das claves de futuro da transición enerxética". "Entendemos que unha forma tamén de compensar ás Pontes polo custo que teña esa transición aquí", dixo.

Pontón, ademais de proxectos industriais, defendeu que As Pontes "tamén necesita servizos públicos de calidade", e así reclamou "unha residencia pública para as persoas maiores". "Levamos vendo nestes 16 anos como a Xunta deulle as costas a esta localidade, e pensamos que é o momento de cumprir tamén en materia de servizos públicos ou co relacionado tamén coa sanidade", queixouse, ao incidir que se producen "os problemas sanitarios xerados polos recortes".

En canto á visita á empresa Intacta, que se dedica a asesoría e tamén a xestión ambiental, reivindicou os modelos económicos "sustentables" como "clave de futuro".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, este xoves nunha rolda de prensa no Parlamento de Galicia.. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, este xoves nunha rolda de prensa no Parlamento de Galicia.. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta