Xulgan un home que asaltou pola rúa a unha menor e realizoulle tocamentos

O Ministerio Público pide para el tres anos de prisión, así como unha orde de afastamento

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2023 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

A sección 4 da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes, 25 de abril, o xuízo contra un home acusado de agredir sexualmente a unha menor á que asaltou na rúa.

En concreto, os feitos remóntanse ao 25 de xullo de 2021, cando, segundo o escrito fiscal, o home abordou á vítima na rúa, inmobilizouna por detrás, tapoulle a boca e realizoulle tocamentos contra a súa vontade ata que un coche pitoulle e fuxiu. A nai da nena puxo a denuncia ao día seguinte.

Por estes feitos, o Ministerio Público pide para el tres anos de prisión, así como unha orde de afastamento da menor durante sete anos e que non poida realizar traballos con menores durante unha década. Tamén reclama unha indemnización de 6.000 euros.

Audiencia Provincial de Pontevedra
Audiencia Provincial de Pontevedra | Fonte: Confilegal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta