A conselleira de Mar reclama a revisión das zonas vetadas para atender tamén os aspectos socioeconómicos

Rosa Quintana destacou que defenderá os intereses da frota galega ante todas as instancias, "como fixo desde que se coñeceron os plans da Comisión Europea".

Por E.P. | VIGO | 24/04/2023 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, insistiu este luns en pedir unha revisión das zonas vetadas á pesca de fondo para que se realice co "máximo rigor" e atendendo tamén a aspectos socioeconómicos. Así o sinalou a titular de Mar durante a clausura do Foro Galicia de Sustentabilidade Global dos Produtos do Mar, organizado pola Fundación Nova Pescanova na sede de Afundación en Vigo.

Alí, Quintana lamentou a proposta presentada polos científicos a semana pasada que suporía ampliar as zonas acoutadas a este tipo de pesca. Ela criticou que o informe do Consello Internacional para a Exploración do Mar parece repetir os mesmos defectos da prohibición xa aplicada por Bruxelas desde finais de 2022.

Neste sentido, indicou que só conta con datos da pesca de arrastre, "carecendo totalmente de información sobre artes moi selectivas como o palangre de fondo". Ademais, trátase dunha información "obsoleta" con datos de 2009 e 2011.

Rosa Quintana volveu a sinalar que non se poden agrupar todas as artes de fondo no mesmo saco e puxo en valor a importancia de que os informes biolóxicos vaian acompañados de estudos de impacto socioeconómico co obxectivo de que se protexan o hábitat mariños, así como os propios pescadores.

Por todo iso, a conselleira destacou que defenderá os intereses da frota galega ante todas as instancias, "como fixo desde que se coñeceron os plans da Comisión Europea". O seu obxectivo é evitar "novos danos" á actividade pesqueira pola ampliación dos vetos.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
A conselleira do Mar, Rosa Quintana.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta