Álvaro Doural é presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, sita en Ribadeo. Desde esta asociación e as empresas e centros asociados búscase a potenciación na formación dun alumnado pensando no futuro da mecánica. Entre outros proxectos está a investigación sobre motores de hidróxeno. Mais por outra parte, APAGA tamén apoia o intercambio de alumnos e alumnas entre centros de diferentes países coa Mariña enviando alumnado estranxeiro a empresas locais e viceversa, todo para unha formación pensando no futuro.