Promotores de parques eólicos xa iniciaron a "retramitación" despois de ser freados polo TSXG

Así o confirmou este mércores a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2025 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, asegurou este mércores que algúns promotores de proxectos de parques eólicos terrestres que foron freados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) xa iniciaron a "retramitación" para poder obter luz verde, segundo facilita a nova normativa autonómica. Así, detallou que o Goberno que dirixe Alfonso Rueda impulsou as modificacións lexislativas que que considera "pertinentes", á vez que argumentou que "en Europa se está dicindo que a enerxía verde é un ben público superior e iso quere dicir que as persoas e a saúde das persoas están por enriba de todo".

Así o trasladou en Ferrol, onde participou no Concello na presentación dun mercado de segunda man que terá lugar a mediados do mes de marzo na zona do porto. "Independentemente de que todos os proxectos eólicos teñan que pasar unha declaración de impacto ambiental, damos oportunidade a que se poidan retramitar e así o están facendo", detallou a integrante do Goberno autonómico. "O que pedimos nesa retramitación é que xustifiquen ese ben público superior", manifestou, antes de salientar que "o Reino de España atribúe expedientes á Comisión Europea". "Son varios os expedientes que están abertos, algúns por non facer a transposición de certas directivas e, dentro desta, pois está a directiva que dá simplificación para que teñamos enerxía verde", sinalou.

REPOTENCIACIÓN

A titular da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático detallou que no caso de Galicia "pódese instalar eólica no 92 % do territorio, e aínda así hai 92 parques eólicos que están paralizados". É por iso que destacou que o Goberno galego agarda "unha das sentenzas do Tribunal Supremo (TS) en breve, pero, sobre todo, tamén a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea (TJUE)", xa que ten pendente un pronunciamento sobre esta cuestión. Ante esta situación, Vázquez xustificou que a Xunta "puxese sobre a mesa a retramitación, pero tamén repotenciación" de parques eólicos en activo.

Varios aeroxeradores no parque eólico de Vilachá
Varios aeroxeradores no parque eólico de Vilachá | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta