Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/05/2023 | Actualizada ás 22:00
Galicia tamén está recibindo o impacto da guerra de Ucraína na súa economía, aínda que a diferencia do que acontece no conxunto do Estado, aquí os efectos son moito menores debido, en parte, o pouco balance comercial que existía antes do conflicto.
Tras a Covid, en 2021, Galicia rexistrou un inusitado aumento no número de empresas na práctica totalidade de sectores destacando as manufacturas do consumo. Este empuxe non se freou no primeiro semestre de 2022 a pesar do inicio da guerra a finais de febreiro do pasado ano. De feito, en 2021 o salto de 13.696 empresas a 19.482, con crecementos espectaculares en todos os sectores, reflicte un aprovisionamento externo inusitado froito da fin das restricións da Covid-19.
A pandemia axudou á internacionalización do aparello produtivo galego, pero as circunstancias de 2022 parecen suxerir un retroceso neste impulso de buscar mercadorías de todo tipo nos mercados internacionais. E, en parte, esta ralentización da economía galega ten que ver co que está acontencendo en Ucraína.
ALTERACIÓNS TRAS A GUERRA
A pesar do pouco peso específico das importacións e exportacións galegas a este país e a Rusia, a guerra e as sancións impostas á economía rusa están provocando alteracións importantes en sectores fundamentais como son os siderurxicos, combustibles, pensos e fosfatos.
O peso relativo das exportacións galegas con Ucraína e Rusia roldaron en 2019 o 0,35% e o 0,53% respectivamente do total mentres que as importacións o fixeron nun 0,61% e un 1,33%. Estas porcentaxes, variaron pouco en 2021, sendo moi pouco o impacto da covid netes mercados.
As transaccións de maior contía son as importacións procedentes de Rusia debido, sobre todo, ás compras de combustibles minerais. Estas alcanzaron o seu máximo en 2011 e 2012 e logo estabilizáronse en cifras sensiblemente máis baixas. Pero o fluxo de comercio practicamente desapareceu a partir de febreiro de 2022 e no caso de Ucraína centrábase en vehículos automóbiles, pesca e produtos químicos, mentres que desde Rusia se adquiría insecticidas e funxicidas, pezas de vestir de punto e máquinas e aparellos eléctricos.
Así o reflicte o estudo “Informe sobre os impactos da covid-19 na economía galega”, elaborado en colaboración coa Universidada de Santiago de Compostela analiza o impacto que a pandemia tivo nos sectores básicos da economía e conclúe que o freo na actividade industrial "foi moi drástico", até o extremo que no segundo trimestre de 2020 a xeración de negocio no sector manufactureiro foi máis dunha cuarta parte inferior á do mesmo período de 2019.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.