Unha galega na carreira máis esixente de Europa

A adestradora e ultrafondista Maite Rojo foi convidada a participar nunha das carreiras máis elitistas e esixentes de Europa , a ultramaratón Ardeche, en Francia, de 222 quilómetros. Tras ser finalista na ultramaratón máis dura do mundo, a Spartathlon, Maite, colaboradora habitual do GC, comenta neste artigo o seu novo reto.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 03/05/2023 | Actualizada ás 08:20

Comparte esta noticia

Fai dous anos que estou invitada  a esta “Ultra” Carreira en Francia, chamada Ultr’Ardeche para o día 27 e 28 de Maio. O seu fantástico director Laurent Brueyre, é ultracorredor e finalista tamén da famosa carreira Spartathlon na que participei o ano pasado.

Maite Rojo nunha competición
Maite Rojo nunha competición | Fonte: arquivo

No 2022 foi imposible polo traballo e co reto do Spartathlon plantearse duas carreiras así nun ano. Así como Spartathlon, ou Ultra Balaton, a Ultr’Ardeche comenza a ser unha cita obligatoria para os ultrafondistas en Europa. Aínda que aquí moitos da familia do Spartathlon reunirémonos en Francia, mais en “petit comité” con só un máximo de 120 corredores é alguns só por invitación personal do director. Este ano participa Patrycja Bereznowska a millor atleta do ano 22. Un nivel moi alto dos participantes.

Trátase dunha competición circular en carreteira de 222 kms con 3500 m. de desnivel pola fantástica rexión de Ardeche, comenzando dende un pequeno povo chamado Alboussiere, ás 6:00 da mañán para chegar como límite no día seguinte as 19:00 da tarde. 

Son 37 horas en total, con cortes de paso e 24 avituallamientos cheos de comida e bebida para os corredores.

Neste caso son privilexiada porque me acompañarán dúas da miñas millores amigas de Mallorca, para facerme o apoio e axudarme coa loxística. Xa só quedan tres semanas e o mais forte do entrenamento está feito, agora queda ir baixando o quilometraxe, no que cheguei ata 263 kms a semana pasada (ademais de forza, entrenamento cruzado etc) e ir descansando para viaxar a Barcelona e subir a Francia en coche ao final de mes.

https://www.facebook.com/Mairedrunner/

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta