Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2023 | Actualizada ás 12:10
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres, día 5 de maio, a regulación dos permisos que terán tanto as persoas traballadoras por conta allea como os funcionarios cuxo horario coincida co das mesas electorais o próximo 28 de maio para poder exercer o seu dereito ao voto.
En concreto, unha vez convocados os comicios e ao amparo do Estatuto dos Traballadores, o DOG recolle que os traballadores por conta allea cun horario que coincida en dous ou máis horas e menos de catro co período de apertura das mesas electorais gozarán dun permiso retribuído de dúas horas.
Así mesmo, aqueles que coincida en catro ou máis horas e menos de seis co período de apertura das urnas terán un permiso retribuído de tres horas. Este ampliarase a catro cando a coincidencia sexa de seis ou máis horas.
Os empregados aos que non lle coincida o horario coa apertura das mesas ou que coincida en menos de dúas horas, non terán este permiso. Ademais, correspóndelle ao empresario ou empresaria a distribución, segundo a organización do traballo, do período en que as persoas poderán acudir a votar.
PERMISOS PARA As PERSOAS INTEGRANTES DE LAS MESAS ELECTORAIS
Os traballadores que fosen nomeados para as mesas electorais e aqueles que acrediten a súa condición de interventores disporán, durnate o día da votación, dun permiso retribuiodo de xornada completa, se non gozan en tal data de descanso semanal e terán dereito, en todo caso, a unha redución da súa xoranda de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior. Os apoderados tamén terán dereito a un permiso retribuído durante o día da votación.
Ademais, se estas persoas ten que traballar na quenda de noite inmediatamente anterior ao día da votación, a empresa cambiaralle a quenda para que poidan descansar.
FUNCIONARIOS
No caso do persoal ao servizo da Comunidade autónoma de Galicia que non teña descaso o 28 de maio terá dereito a un permiso retribuído de catro horas sempre que a súa xornada coincida polo menos en catro horas co tempo que permanecerán abertas as mesas electorais. Cando o traballo se presente en xornada reducida, efectuarase a correspondente redución proporcional do permiso.
En canto aos empregados públicos que fosen nomeados para as mesas, terán un permiso retribuído a xornada completa se non gozan en tal data do descanso semanal e unha redución de cinco horas o día inmediatamente posterior. Ademais, os apoderados e os interventores poderán ter tamén o permiso retribuído durante o día dos comicios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.