Xa está aquí o polémico vídeo de Enrique Iglesias

"Noche y de día" amosa varias secuencias de paisaxes e monumentos galegos, pero sobre todo mozas e mozos bailando.

Por Galicia Confidencial | Miami | 27/02/2015 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

A canle oficial do youtube de Enrique Iglesias acaba de publicar o vídeo de "Noche y de Día". A estrea prodúcese despois dunha longa polémica polo pagamento por parte da Xunta de 300.000 euros a súa discográfica polo videoclip mediante un contrato negociado sen publicidade.

Enrique Iglesias no mosteiro de Carboeiro no seu vídeo Noche y de Día
Enrique Iglesias no mosteiro de Carboeiro no seu vídeo Noche y de Día

Curiosamente, as redes sociais dos fans do cantante botan lume cunha mensaxe difundida por un deles, na que se sinala que "Sobre su filmación de #NOCHEYDEDIA  @enrique305 aclaró q el no cobró ni un centavo del Gobierno de Feijóo @Gconfidencial". Enrique Iglesias sacou ademais un comunicado no que suliña que “non gañou nin un centavo” por un vídeo que fixo porque lle pareceu ben promocionar Galicia. Por iso, dixo que aceptou "con moito gusto" a proposta do goberno de Alberto Núñez Feijóo, que nesta gravación viu unha fantástica promoción turística da Comunidade.

O investimento da Xunta mesmo chegou á prensa británica. “Estala unha treboada logo de coñecerse que Turismo de Galicia pagou 220.000 libras por un vídeo no só incluíu 45 segundo da paisaxe – e unha chea de mozas--”, titulaba este mércores un dos rotativos máis populares do Reino Unido, o Daily Mail.

A Xunta defendeu o gasto argumentando que o artista ten unha audiencia global. Velaquí o resultado:

Modelos na Cidade da Cultura no inicio de Noche y de Día, video de Enrique Iglesias
Modelos na Cidade da Cultura no inicio de Noche y de Día, video de Enrique Iglesias
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 circulo galego independentista

ATENTADO CULTURAL CONTRA O PATRIMONIO GALEGO!!!! e agora comentemos os atentados do vello contra o pobo galego - Está claro que se tenta condicionar o voto dos membros de Podemos para que estejam a favor da "Marea". Quando Podemos e a "Marea" sao duas coisas muito diferentes. Por isso se leva cooptando desde a "Marea" Podemos desde há meses. Deveria haver só informaçao deste processo de toma de decissao de todos os inscritos e inscritas em Podemos e neutralidade, mas nunca intentos desde a direçao de condicionar o seu voto. Esse nao é o jeito de proceder que caberia esperar. O que sim que têm claro todos e todas é que a "Marea" nao obteria uma quantidade significativa de votos nunhas eleiçoes municipais se nao contasse com o apoio de Podemos. Por isso tanto interesse em controlar, por parte da "Marea", Podemos. Consequências de tudo isto? Nao acho que sejam boas.

1 buli

Toma lhe outra,meu! 😂😂