Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2023 | Actualizada ás 18:53
A Xunta propuxo ás organizacións sindicais iniciar as negociacións para conseguir melloras laborais no ámbito social. Así llo trasladou o director xeral de Función Pública, José María Barreiro, aos participantes este martes na comisión de persoal.
Con este obxectivo, o Goberno galego trasladará aos sindicatos nas próximas datas unha proposta para mellorar as condicións laborais dos empregados públicos da Consellería de Política Social e Xuventude, así como outras medidas xenéricas para todo o persoal dependente da mesa sectorial de funcionarios e do persoal laboral.
Neste sentido, o documento que se remitirá aos sindicatos recollerá unha proposta para completar o desenvolvemento do acordo de concertación no relativo aos horarios das xornadas laborais, as quendas en días festivos, así como outras medidas de alcance xeral, informou a Xunta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.