Gadis edita un fanzine coa obra de talentos emerxentes que distribuirá nas súas tendas

editaranse 30.000 exemplares que se repartirán o día 16 nunha campaña que incluirá tamén a distribución de bolsas de papel reciclado e marcapáxinas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2023 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A cadea de supermercados Gadis sumarase á conmenmoración do Día das Letras Galegas coa edición dun fanzine, titulado 'Tirabeque', que reúne a obra de 12 artistas vinculados á banda deseñada e a ilustración para achegar o uso do galego, especialmente entre os mozos.

A presentación contou coa presenza do director de Comunicación de Gadisa Reatil, José Luís Fernández Astray; a coordinadora de Mercadotecnia Dixital e Contidos, Alexandra Kuntz; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o artista gráfico Manel Cranio.

"Queremos chegar ao maior número de persoas", destacou Fernández Astray, quen manifestou que o fanzine busca "alcanzar novos perfís de público e potenciar novos talentos". Do mesmo, engadiu Alexandra Kuntz, editaranse 30.000 exemplares que se repartirán o día 16 nunha campaña que incluirá tamén a distribución de bolsas de papel reciclado e marcapáxinas.

Manel Cranio resaltou, á súa vez, a proposta para potenciar o "talento propio" e tamén para "captar ás novas xeracións". Mentres, o secretario xeral de Política Lingüística incidiu na importancia de implicar ao tecido social e económico na promoción da cultura. Tamén remarcou que o fanzine busca achegarse a un público "máis novo". "A lingua pode e debe estar en todos os ámbitos da sociedade", dixo.

A presentación tivo lugar no marco da colaboración que Gadis e a Xunta manteñen despois de que, recentemente, asinasen un acordo de colaboración para promover o uso do galego entre os mozos en plataformas dixitais. Para iso, ambas as institucións lanzarán un concurso de vídeos de TikTok que se desenvolverá de xuño a setembro.

Imaxe dun dos anuncios de 'Vivamos como galegos', de Gadis.
Imaxe dun dos anuncios de 'Vivamos como galegos', de Gadis.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta