Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2023 | Actualizada ás 17:53
Os traballadores de Urbaser, reunidos en asemblea este sábado, acordaron desconvocar a folga indefinida que tiñan previsto iniciar este luns tras chegar a un acordo coa empresa que responde as súas demandas de vestiario e de gardas.
En concreto, o acordo de desconvocatoria de folga reflicte que o vestiario da nave atópase xa despexado e habilitado como único uso para este fin. Ademais, sinala que o vestiario da rúa García Prieto estará listo ao longo do mes de xullo e o da rúa Arzúa ao longo de outubro.
Así, unha vez habilitados estes locais, a empresa comprometeuse a buscar alternativas para o vestiario da rúa Pitelos, co obxectivo de mellorar a súa habitabilidade só como vestiario e buscar aparcadoiro para carros ou buscar outro local e habilitalo. Segundo fontes sindicais, "con probabilidade alta" a segunda opción será a elixida.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.