Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2023 | Actualizada ás 11:13
Unha persoa resultou ferida na mañá deste martes tras chocar a moto na que viaxaba contra un coche no municipio coruñés de Teo. É o terceiro sinistro cunha moto nos últimos días.
O 112-Galicia tivo constancia deste accidente dez minutos despois das 8,30 horas. Varios alertadores informaban, a esa hora, dun grave accidente entre un coche e unha moto na rotonda das Galanas.
De inmediato, pasouse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou á zona unha ambulancia para evacuar ao ferido. Tamén foron mobilizados axentes de Tráfico e da Policía Local, os Bombeiros de Santiago e os membros do GES da Estrada, así como Protección Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.