EU pide ao Ministerio de Defensa destinar terreos en desuso a equipamentos públicos en Ferrol

Carlos Sánchez Mato arroupa ao candidato de Ferrol en Común, Jorge Suárez, quen reclama un "uso participado dos espazos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2023 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

O responsable de economía de Esquerda Unida (EU), Carlos Sánchez Mato, arroupou este mércores ao candidato de Ferrol en Común á Alcaldía da cidade, Jorge Suárez, e desde alí reclamou ao Ministerio de Defensa que destine os terreos en desuso para equipamentos públicos.

"É o momento, actualmente e afortunadamente o Partido Socialista a nivel estatal colleu a luva das peticións que levabamos facendo á hora do uso destes patrimonios públicos", proclamou. "Non só para vivenda, que nalgúns lugares é elemento imprescindible, en Ferrol seguramente non é a clave nin a necesidade imperiosa que temos noutros lugares, pero si do uso destas instalacións para equipamentos públicos", detallou o que foi tamén concelleiro entre os anos 2015 e 2017 no Concello de Madrid.

Sánchez Mato visitou na mañá deste mércores, 17 de maio, o cuartel Sánchez Aguilera da cidade departamental, co exrexedor e candidato por Ferrol en Común. Jorge Suárez lamentou como "particularmente sanguento" o feito de "que o 20 por cento do chan de Ferrol estea ocupado por Defensa, cidade á que tanto debe o Ministerio".

"Agora parece que, en lugar de correspondernos con esa reciprocidade, está a tratarnos coma se fósemos un comprador máis, unha operación de especulación privada na que a cidadanía queda nun segundo plano", censurou.

Jorge Suárez comparece en rolda de prensa
Jorge Suárez comparece en rolda de prensa | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta