Dous coches envorcados en Valdoviño e Santa Comba, cunha persoa ferida

Nun deles o vehículo quedou nun desnivel aínda que a condutora conseguiu saír polo seu propio pé.

Por E.P. | A CORUÑA | 17/05/2023 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia



Unha condutora resultou ferida tras quedar envorcado o seu coche nun desnivel de terreo en Valdoviño, segundo informa o 112 no seu parte de incidencias. Outro vehículo no municipio coruñés de Santa Comba saíu da vía e terminou tamén envorcado.

No primeiro caso, a persoa, que resultou ferida e que finalmente logrou saír ao exterior polo seu propio pé, chamou ao 112 Galicia desde o interior do vehículo.

O accidente sucedeu no quilómetro 15 da AC-566, á altura de Pantín, pouco antes das 09,30 horas. A muller explicaba que o coche estaba nunha situación de inestabilidade, na que acabara tras saírse da vía e dar unha volta de campá.

Desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ferrol, que non tiveron que intervir, do GES de Mugardos, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local da Coruña. Ao mesmo tempo, informouse os membros de Protección Civil de Valdoviño e aos operarios de mantemento das estradas.

Unha vez chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias comprobaron que a única implicada estaba xa fors do vehículo, tras o que foi atendida polo persoal sanitario.

ENVORCO EN SANTA COMBA

Ao longo da mañá, o 112 Galicia tivo constancia doutro accidente no que o vehículo acabou envorcado, esta vez no lugar de Esmorode, Alón, en Santa Comba.

Foi un particular non implicado quen explicou, minutos antes das 12,30 horas, que un coche tivera unha saída de vía e acabou envorcado no medio da estrada. Xa durante a chamada indicaba que os seus ocupantes se atopaban no exterior.

Os xestores do 112 Galicia coordinaron a acción dos servizos de emerxencias, dando aviso a Urxencias Sanitaria de Galicia-061, aos Bombeiros de Santa Comba, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Santa Comba. Ademais, informouse os axentes da Policía Local por se fose necesaria a súa intervención.

Vehículo envorcado nun accidente
Vehículo envorcado nun accidente | Fonte: ÁRTABRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta