Por E.P. | A CORUÑA | 18/05/2023 | Actualizada ás 15:04
Familiares de persoas con síndrome de Down pediron recursos para unha "inclusión real" en todos os ámbitos, desde a educación, o lecer ou o traballo, segundo expuxeron na presentación do encontro nacional que celebrarán en outubro na Coruña. "Aínda arrastramos unha visión, ás veces, demasiado estereotipada", sinalou Agustín Mahía, o director xerente de Down España, quen manifestou que en ocasións "os recursos están demasiado orientados ao separado, ao especial".
Por outra banda, incidiu na importancia da contorna para "facilitar o proceso de cohesión, de aprendizaxe, de convivencia", recalcou nunha comparecencia na que lembrou que o congreso se celebra desde o ano 2000, cunha primeira edición en Murcia. Nesta ocasión, terá lugar do 12 ao 14 de outubro con presenza de 450 familias e para abordar cuestións como a educación inclusiva, "unha materia aínda", ou o deporte "como ferramenta de inclusión".
A presentación desta nova edición tivo lugar coa presenza da alcaldesa, Inés Rei, e do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, quen destacaron a importancia de visibilizar estas cuestións. "Un congreso no que tratar os retos do presente e futuro", engadiu Rei.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.