Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2023 | Actualizada ás 20:24
Un incendio provocou importantes danos materiais nas instalacións contiguas a unha vivenda no municipio coruñés de Aranga.
Segundo informou o 112, sucedeu sobre as 16,15 horas desta tarde. Un particular puxo en coñecemento ao 112 Galicia de que estaba a arder un alpendre pegado a unha casa situada no lugar dos Carneiros, en Vilarraso. No interior da vivenda había unha persoa, á que axudaron a saír os veciños e que resultou ilesa.
A rápida intervención dos servizos de extinción permitiu salvar a casa, que se viu afectada nunha das paredes exteriores e no tellado. O lume queimou e provocou o colapso do teito dun alpendre de grandes dimensións, varios alpendres e cuadras e diversos materiais almacenados.
No punto traballaron os efectivos dos Bombeiros de Betanzos e do GES de Curtis, e foron informados os axentes da Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.