Kepa Junkera volverá a Ortigueira

Será o vindeiro sábado 24 de xuño para presentar no Teatro de Beneficencia o seu documental e libro “Berpiztu”. Nestes traballos repasa a súa vida e carreira discográfica.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 24/05/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O compositor, produtor e músico vasco Kepa Junkera volverá a Ortigueira o vindeiro sábado 24 de xuño para presentar no Teatro de Beneficencia o seu documental e libro “Berpiztu”. Traballos nos que repasa a súa vida e carreira discográfica.

Covagueira. Foto cedida polo Dpto de Prensa do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
Covagueira. Foto cedida polo Dpto de Prensa do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Ángel Lozano, concelleiro do Festival, declarou “Kepa sempre estivo ligado a Ortigueira, en canto coñecimos o seu novo proxecto, converteuse nunha das nosas prioridades para este ano“.

FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA

Dous grupos locais, Os Carecos e Covagueira poñerán, xunto a Xabier Díaz, o broche de ouro ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2023, que se celebrará do 9 ao 16 de xullo.

Coa incorporación destas formacións complétase a programación musical do escenario principal e do Teatro de Beneficencia, que contará coas actuacións de Algaire, Anxo Lorenzo e Eoghan Neff, A Banda das Crechas, Bagad Sonerien An Oriant, David Bellas, Elephant Sessions, Escola de Gaitas de Ortigueira, Felpeyu, Fetén Fetén con P. Pascual, Four Men and a Dog, Holiday Club, JDC, Le Vent du Nord, Mallou, Mec Lir, Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, Rubén Díaz, Rura, SonDeSeu, Startijenn, Talisk, Trikitrí, Xabier Díaz, Xisco Feijoó e Xurxo Fernandes.

Kepa Junkera, o mestre éuscaro da música coa trikitixa
Kepa Junkera, o mestre éuscaro da música coa trikitixa | Fonte: LX

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta