Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2023 | Actualizada ás 16:37
As asociacións do sector do mexillón pediron á Consellería do Mar que amplíe un mes a campaña de extracción de mexilla --que termina o 15 de xuño-- ante a escaseza de fazula.
Nun comunicado, asinado por 28 asociacións de mexillón que engloban 1.600 bateas, expoñen que hai produtores que "aínda non teñen colleitada a cría necesaria para os viveiros", polo que demandan á Consellería a prórroga dun mes. "O motivo de que aínda haxa bateas desabastecidas é a limitación establecida pola Consellería das zonas históricas de traballo dos mexilloeiros", apuntan desde o sector.
O pasado 11 de maio, representantes do sector 'bateeiro' entregaron case 15.000 firmas no rexistro da Xunta para reclamar a marcha atrás do decreto que dá competencias ás confrarías sobre a xestión da mexilla --derrogación do artigo 13 do regulamento 153/2019--, xa que "limitan unha chea de zonas de traballo". Así mesmo, reclaman unha reunión co presidente da Xunta, Alfonso Rueda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.