Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2023 | Actualizada ás 20:20
A treboada rexistrada na tarde deste domingo en Santiago de Compostela deixou numerosas incidencias por toda a cidade e arredores. Entre elas, un accidente na AP-9 ao seu paso por Conxo, en dirección A Coruña. Un vehículo saíu da vía e chocou contra a varanda ao facer 'aquaplanning'. Este sinistro, que se saldou sen feridos, ocorreu sobre as 18,00 horas.
Ademais, as inundacións contáronse por decenas na zona de San Caetano, así como na zona do Multiusos Fontes do Sar, onde as proximidades das piscinas permanecen completamente alagadas.
A treboada tamén deixou ás escuras durante máis dunha hora a un colexio electoral na capital galega, onde os electores do centro Lamas de Abade tiveron que exercer o seu dereito a voto practicamente ás escuras.
O apagamento produciuse pasadas as 17,00 horas no compostelán barrio do Castiñeiriño, aínda que segundo as fontes consultadas por Europa Press, as fortes choivas tamén provocaron outro tipo de incidencias relacionadas con pequenas inundacións, pero sen maiores consecuencias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.