Temas: VIVENDA CONCURSO

Esta foi a aplaudida resposta do investigador compostelán sobre que faría co diñeiro se gañase Pasapalabra

O presentador Roberto Leal preguntou a Fernando Castro que faría se gañase o premio do rosco final. A resposta de Fernando pillou por sorpresa aos presentes, a modo de alegato público en defensa dun acceso á vivenda á xente moza.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/05/2023 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

A chegada de Fernando Castro como novo concursante do popular concurso de Antena 3, non deixou indiferente a ninguén pola súa retranca e simpatía. Unha retranca da que fixo uso antes de inicar o Rosco final de pasapalabra.

Fernando Castro, durante a súa participación no programa Pasapalabra de Antena3 | Foto Atresmedia
Fernando Castro, durante a súa participación no programa Pasapalabra de Antena3 | Foto Atresmedia

O presentador do concurso, Roberto Leal, preguntou ao matemático compostelán Fernando  Castro a clásica pregunta sobre que faría co diñeiro se gañase o concurso.

A resposta de Fernando pillou por sorpresa aos presentes cando lanzou un alegato a un tema de actualidade como o acceso á vivenda digna para os menores de 40 anos , así como un futuro para as persoas investigadoras coma el.

Fernando quedou a tan só dúas respostas de conseguir os 388.000€ do bote, máis gañou a súa continuidade no programa.

Este foi o alegato "retranqueiro" de Fernando aplaudido en redes, xa que o matemático aludía a que era máis factible gañar o bote de Pasapalabra para poder ter acceso a unha vivenda digna, que ter esa oportunidade como investigador de carreira.

Temas: VIVENDA CONCURSO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta