Por Galicia Confidencial | A Coruña | 31/05/2023 | Actualizada ás 09:00
Cos pés arriba e as medias de compresión postas. Rematei outra aventura no formato de Ultrafondo. Podo dicir que a miña impresión xeral é a de unha das carreiras máis bonitas e con mellor ambiente na que estiven. Súper duro debido ao desnivel de estrada de montaña e pista, con moita calor durante o día do sábado , choiva e granizo pola noite e máis calor continuando as costas á mañá seguinte.
Atopeime moi ben ata as 18 horas de carreira polo que estaba tentando conseguir as 28 horas para a entrada directa en Spartatlon (27 para homens e 28 para mulheres nesta carreira).O máis importante: a paisaxe espectacular, organización de + 10 (e iso sempre se di pero neste caso destaca o valor humano) , animais que nos visitaron durante o nosso paso.
Ultr'ardeche e a súa organización de voluntarios, amigos e familiares fan un se namore da carreira. Ademais, fomos moitos da familia Spartathlon os que nos reunimos esta fin de semana e moitos recordos para gardar na memoria.
De 90 corredores so rematamos 47 persoas, e sei que moitas deles coma Aykut Celikbas e Don Hannon son grandísimos corredores pero as altas temperaturas e costas ata o 120/140 quilómetros mataron a moita xente.
Eu tiven sorte porque corro ben con calor, tiven axuda para cambiar un par de veces de calcetíns, beber, comer, e ver o meu apoio cada hora co cal aforras moito tempo e tes moita motivacion. Pola noite coa chuvia, coceronseme os pés e sufrín moito sobre todo coa planta do pé dereito.
Ao final esperaba ter algún chan ou costa abaixo para ir recortando o tempo pero foime imposible. Aínda así unha chegada espectacular con todo o mundo esperándome. Fun a 1ª veterana, a 4ª muller e 8ª na xeral, de 47 finalistas.
Para a miña maior sorpresa cando tivemos a cena e entrega de premios, fixeron o podium coas 5 primeiras. E alí estaba eu con duas rusas, unha húngara, eu galega e a quinta francesa. Abrumada, agradecida, agarimada por tod@s.
Especial mención para Mihaela Evanova e Karina Molinas que non son só boas corredoras senon tamén boas persoas coas que intercambiamos bicos e abrazos de celebración. Moitas gracias a Helena Alegre e Andrea Ripoll polo apoio e esforzo de seguirme 28 h 46’ e manterse de pé un día e medio sen durmir. A Diego Rojo ao que botei de menos, para compartir bromas e, coma sempre, adicollo aos meus pais. Por todos aqueles que non están ou que no poden correr, nos corremos por eles.
Grazas, Grazas, Grazas
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.