Cabezas (PP) di que o PSdeG está disposto apoialo para botar a Jácome e apela ao BNG para facer o mesmo

"Estamos absolutamente de acordo en porlle fin o próximo 17 de xuño", afirma Cabezas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 01/06/2023 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

O candidato á Alcaldía de Ourense polo PP, Manuel Cabezas, reafirmouse este xoves na súa decisión de non chegar a ningún tipo de pacto co actual alcalde, Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensana), á vez que revelou que mantivo unha conversación co aspirante socialista, Paco Rodríguez, ao que situou en sintonía, e instou ao BNG a situarse.

"Ambos compartimos plenamente que a situación vivida no Concello durante estes últimos anos non pode volver repetirse e, por tanto, estamos absolutamente de acordo en porlle fin o próximo 17 de xuño", afirma Cabezas.

Nesta conxuntura, o aspirante popular pon o foco no seu homólogo do BNG, Luís Seara, e lembra que afirmou que Ourense estaba "nunha situación de emerxencia social e política", postura que, recalca, é compartida por el e dá a entender que tamén polo socialista Paco Rodríguez. Nesta conxuntura, o candidato popular esgrime que "a confianza maioritaria da cidadanía avala esta postura".

En concreto, argumenta que, aínda que Jácome foi o máis votado e obtivo 10 das 27 actas que compoñen a Corporación local, as outras tres formacións suman 17 concelleiros, sete delas pertencen á segunda lista máis votada, o PP, e por tanto a maioritaria das tres.

O candidato do PP á Alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas, intervén durante un acto do Partido Popular de Galicia
O candidato do PP á Alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas, intervén durante un acto do Partido Popular de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta