A psicóloga coruñesa Adelaida Vidal gaña o IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade

O premio consiste na edición da obra, neste caso "E que vai ser?", e 2.500 euros.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/06/2023 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Adelaida Vidal, natural da Coruña, gañou con "E que vai ser?" o IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade. Este galardón, convocado pola editorial Baía Edicións coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, inclúe a edición da obra e unha dotación de 2.500 euros.

Segundo precisa a organización, dos 26 participantes desta convocatoria, o xurado valorou deste título de Vidal que se trata de "unha historia divertida, contada en verso, que posibilita o diálogo entre a familia e os seus descendentes nas primeiras idades".

Libros/ XUNTA/ANA VARELA
Libros/ XUNTA/ANA VARELA

Asi mismo destacou o uso "maxistral" da linguaxe inclusiva e o "hábil" emprego "da retranca" nunha obra que "fai reflexionar sobre os estereotipos de xénero que proxectamos nos bebés no momento da concepción".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta