Piden cinco anos para tres empresarios que estafaron dispositivos GPS a Medio Rural en 2007

Tamén son xulgados un home por estafar a súa nai e outro por tentativa de homicidio a súa ex muller a a parella dela.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2023 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

A Sección Primeira da Audiencia Provincia da Coruña xulgará este luns e martes, 5 e 6 de xuño, a tres administradores da empresa Satdata Telecom, con sede en Culleredo, por estafa e un delito continuado de falsidade de documento mercantil en relación coa venda de 80 dispositivos GPS á Consellería de Medio Rural, ocorrida en 2007.

Segundo recolle o escrito de Fiscalía --o caso procede do Xulgado de Instrución Número 7 da Coruña--, acúsase a estes tres empresarios de defraudar máis dun millón de euros ao Banco Espírito Santo mediante o uso dun contrato coñecido como 'factoring', un mecanismo polo cal un cliente cede a unha entidade financeira a súa facturación para que esta se encargue de cobrala aos seus acredores e o banco adiántalle ese diñeiro a cambio duns intereses.

A acusación expón que, en febreiro de 2008, os administradores da mercantil selaron o contrato de 'factoring' co banco, cando xa en decembro de 2007 e xaneiro de 2008 cobraran á Xunta as facturas polos seus servizos, que incluían dispositivos GPS para motobombas e mantemento das aplicacións. Por iso, o fiscal apunta que, "mediante a confección desa facturación ficticia", buscouse "facer crer o banco que esta era real".

Ademais da pena de cinco anos de prisión pídese para cada acusado unha multa de máis de 3.500 euros, así como indemnizar ao Banco Espírito Santo con máis dun millón de euros supostamente defraudados.

Sala para xuízos con tribunal do xurado na Audiencia da Coruña
Sala para xuízos con tribunal do xurado na Audiencia da Coruña | Fonte: TSXG

OUTROS XUÍZOS

Tamén a Fiscalía pide cinco anos de prisión para un home acusado dun delito continuado de apropiación indebida respecto da súa nai, incapacitada parcialmente e á que retirou máis de 63.000 euros. O caso procede do Xulgado de Instrución nº1 de Pontevedra e xulgarase este 8 de xuño, ás 10,15 horas, na Audiencia Provincial de Pontevedra.

Por outra banda, a Fiscalía pide oito anos de cárcere para un home acusado de homicidio en tentativa, malos tratos e ameazas á súa ex muller e ao seu actual parella, aos que agrediu na súa casa cunha machada. O caso procede do Xulgado de Instrución nº3 de Cambados e xulgarase o martes, 6 de xuño, na Audiencia Provincial de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta