Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/06/2023 | Actualizada ás 18:08
A alcaldesa de Betanzos, María Barral, reclamou á Consellería de Infraestruturas realizar analíticas no río Mendo e facelo coa "máxima rapidez" para determinar se é ou non a orixe do brote de gastroenterite que afecta o municipio.
"A relación entre o río e a rede municipal é clara", sentenciou a rexedora, quen remarcou a importancia de ter "limpa a rede e os depósitos". "Pero de nada serviría se hai presenza de virus na auga do río", dixo despois de que confirmarse presenza de norovirus en lugares como "na saída do depósito de cabeceira e o depósito da zona nova", ademais de en a fonte da condesa.
"Ese positivo en norovirus non se tivo ata o venres pola noite", precisou nun relato detallado desde que se detectaron os primeiros casos de gastroenterites ata agora. Respecto diso, cos últimos datos dispoñibles polo consistorio, son 440 os afectados con data do pasado venres.
María Barral asegurou que hai a "sospeita" de que o virus poida estar tamén "fóra da traída e no Mendo", sinalou a rexedora, quen cualificou de "ousadas" as declaracións da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, "nas que atribúe a un problema na rede de abastecemento e non na contaminación no río".
"Non me atrevo a dicir que estea no río nin que non, pero entendo que hai que tomar mostras para confirmalo ou descartalo, todo parece indicar que podería estar no río", dixo a rexedora que si confirmou a recollida de mostras nos últimos días na fonte da condesa por parte de Sanidade, entre outros lugares.
Así mesmo, asegurou que a día de hoxe esta é a "prioridade" e engadiu que, unha vez determinado a orixe, esixiranse "responsabilidades a quen corresponda". Mentres, sobre os afectados ou as dúbidas ante as restricións no uso da auga apelou tanto a particulares como a empresas a consultar á Xefatura Territorial de Sanidade, por indicación da mesma, segundo apuntou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.