Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2023 | Actualizada ás 15:54
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu este xoves a unha representación dos promotores de 'O Devalar do Monte Galego', unha exposición sobre a proliferación de proxectos de parques eólicos na contorna da capital da provincia, que estará situada desde o venres pola tarde na rúa Daniel da Sota.
Ao acto asistiron Rosa Neutro, Anxo Cabana, Anxo Araújo, Carla Andrade, Cristina Abilleira e Carolina Fernández, representantes de colectivos de defensa do monte e artistas.
O título da mostra 'O devalar do monte galego' fai referencia ao autor Ramón Otero Pedrayo coa intención de mostrar a perda dos espazos naturais, o patrimonio e cultura de Galicia. A exposición mostrará a perspectiva dos diferentes artistas gráficos que fotografaron a contorna do monte de Pontevedra na que se situarán parques eólicos.
Con esta mostra pretenden visibilizar a riqueza dos montes e avisar da súa posible perda coa proliferación "desta macro instalacións eólicas" e tamén "ter unha mentalidade de país á hora de confrontar a problemática eólica".
Este venres, 9 de xuño, ás 20.30 horas, está prevista unha visita guiada pola exposición con Rosa Neutro. A mostra estará presente neste espazo ao longo de todo o mes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.