O programa 'Depo Auga' de Kaiak e Paddle Surf abre o prazo de inscripción o próximo luns 19

As actividades do programa celebraranse os días 15 e 16 de xullo na desembocadura do Río Verdugo e nas Salinas de Ulló.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/06/2023 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

O luns 19 abrirase o prazo de inscrición para o programa 'Depo Auga' de actividades de Kaiak e Paddle Surf, que se realizarán os días 15 e 16 de xullo na desembocadura do Río Verdugo e nas Salinas de Ulló

Así mesmo, para cada unha das actividades haberá 32 prazas dispoñibles, 16 para cada día, e poderán participar as persoas maiores de 18 anos ou menores de idade, cun mínimo de 16 anos, con autorización dos seus titores legais.

O programa "Depo Auga" forma parte de "Depo Actívache", o calendario de actividades deportivas organizado pola institución entre este mes e outubro, co obxectivo de dinamizar, fomentar e promover o deporte, así como transmitir valores e hábitos saudables a través da actividade física", segundo sinalou a Deputación pontevedresa.

Río Verdugo ao seu paso por Ponte Caldelas
Río Verdugo ao seu paso por Ponte Caldelas | Fonte: Gabriel González en Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta