BTT para dar a coñecer o territorio da D.O. Valdeorras

A iniciativa é da Asociación Ruta do Viño de Valdeorras e terá lugar o 22 de outubro. Polo momento van 42 persoas inscritas.

Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 22/06/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Ruta do Viño de Valdeorras promove a celebración da III edición do seu BTT, que terá lugar o 22 de outubro. Esta proba deportiva non competitiva, concibida para contribuír a dinamizar turisticamente a comarca e divulgar o seu potencial vitivinícola, partirá este ano desde O Aguillón da Rúa.

Proba de BTT (arquivo). Foto: Ruta do Viño de Valdeorras.
Proba de BTT (arquivo). Foto: Ruta do Viño de Valdeorras.

Ata a data inscribíronse xa 42 persoas para participar e o prazo para anotarse continuará aberto na web sportmaniacs.com. Neste sentido, a organización da proba lembra que para os 75 primeiros que se apunten á iniciativa estableceuse un prezo especial de inscrición de 20 euros. A partir de aí, o custo por tomar parte na BTT será de 29 euros.

A iniciativa conta co respaldo de diferentes entidades como o Concello da Rúa, a Axencia Turismo de Galicia, o Consello Regulador da D.O. Valdeorras ou a empresa de servizos turísticos Xanzá e conseguiu convocar a máis de 260 persoas nas súas dúas primeiras convocatorias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta