Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2023 | Actualizada ás 16:30
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu este mércores a presentación da segunda edición de 'Galicia sabe amar', onde destacou a calidade dos produtos do mar de Galicia, así como a gran oferta gastronómica e hostaleira da comunidade. Temas que se abordarán nos próximos meses a través de cinco foros enmarcados nesta campaña.
Con #aCociñaDoMar como fío condutor, as cidades da Coruña, Vigo, Ourense, Lugo e Santiago acollerán charlas, mesas redondas, talleres de cociña e degustacións durante o segundo semestre do ano.
Durante o acto de presentación celebrado no Hotel Monumento San Francisco, o recentemente nomeado titular de Mar sinalou que o obxectivo principal da iniciativa é "animar á cidadanía a consumir os produtos do mar de forma local e responsable", así como "pór en valor o traballo dos profesionais da cadea mar-industria e tamén o dos cociñeiros cos que conta a comunidade".
Para iso, os foros contarán coa participación de pescadores, mariscadoras ou confrarías, chefs, investigadores, operadores turísticos, docentes e alumnado, profesionais da saúde, xornalistas gastronómicos, bloggers, entidades ou institucións do sector.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.