Galicia, o territorio máis afectado polo gas radón de todo o Estado

Máis do 18% dos fogares galegos superan os límites recomendados pola OMS.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2023 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

Un 18% dos domicilios galegos superan o límite recomendado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) de radón, un gas carcinógeno humano causalmente asociado ao cancro de pulmón.

O resultado reflíctese no Mapa de Radón de Galicia, elaborado polo Laboratorio de Radón de Galicia da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A iniciativa alcanza xa as as 6.080 medicións nos fogares galegos tras unha nova ampliación.

Entre as provincias galegas, Ourense, con 798 medicións, é a que obtivo unha maior porcentaxe de vivendas que superan o límite de radón establecido, cun 23,2% de afectadas. Séguelle Pontevedra, con 2.000 medidas e un 21% de vivendas afectadas; A Coruña, con 2.630 medidas e un 16,1% de domicilios que superan o límite recomendado; e Lugo, que se sitúa no último chanzo cun 10,7% e 652 medidas.

Ademais, esta ampliación segue situando a Galicia como "a comunidade autónoma con mellor caracterización deste gas nos fogares", segundo o profesor Alberto Ruano, fronte ao Mapa Nacional de Radón do Consello de Seguridade Nuclear, que abarca 12.000 vivendas pertencentes a todo o territorio estatal.

Presentación do mapa do gas radón en Galicia
Presentación do mapa do gas radón en Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta