Por E.P. | A CORUÑA | 26/06/2023 | Actualizada ás 18:12
O Recorda Fest abriu este luns día 26 a venda de entradas de días soltos para o evento musical que se celebrará no peirao de Batería da Coruña os días 8 e 9 de setembro. Segundo informa a organización, o prezo de "lanzamento" dos billetes para cada xornada do festival está fixado en 30 euros, unha tarifa reducida que se reserva "para un número limitado de pases". Posteriormente, engade, o acceso diario pasará a custar 40 euros.
O cartel do Recorda Fest da xornada do venres día 8 está composto por Taburete, Iván Ferreiro, Miss Caffeína, Mägo de Oz, David Otero, Despistádevos e DJ Nano, no escenario principal. O sábado, actuarán Dorian, Marlon, Furious Monkey House, Michenlo e un convidado "sorpresa" que aínda non anunciou a empresa organizadora. Ademais, no evento participarán os DJ's Adrián Gold, Bea Fernandez, Carlos Barral, Chimeno, David Ribeiro, Joao Ribeiro, Jorge Álvarez, Mark Deluxe, Toni Seijas, Tuxiro e Víctor Rivas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.