Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2023 | Actualizada ás 19:38
A Consellería de Educación informa de que está a estudar as recentes sentenzas que anulan adxudicacións de varios lotes de transporte escolar para "avaliar posibles recursos que procedan".
Segundo traslada a Consellería a Europa Press, a Xunta respecta o contido das sentenzas que acaban de facerse públicas. No entanto, sinala que o servizo de transporte escolar de Educación --sumado ao escolar compartido de Mobilidade-- componse de máis de 150 contratos, "dos que só tres teñen agora un pronunciamento xudicial a favor dos demandantes". Agrega que outro oito de Educación foron desestimados ou desistidos.
Igualmente, apunta que "o propio TSXG rexeita a existencia de pactos ou acordos deliberados e contrarios á competencia", á vez que a Xunta defende "a transparencia total" nos procedementos.
Tamén remarca que os pregos de contratación "non foron recorridos xudicialmente en ningún caso", mentres que o proceso de contratación "axustouse aos procedementos administrativos establecidos pola normativa".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.