Reclaman a homologación de persoal de servizos xerais do SERGAS dentro do Servizo Nacional de Saúde

O Persoal de Servizos Xerais do SERGAS denuncia que non hai ningunha referencia á súa categoría profesional dentro do proceso de homologación do Sistema Nacional de Salud do Estado.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/07/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A Asociación de Persoal de Servizos Xerais (APSX) denuncia que non se está efectuando unha correcta catalogación da súa categoría profesional, Persoal de Servizos Xerais (PSX), dentro do proceso de homologación dentro do Sistema Nacional de Salud do Estado (SNS). “Non existe referencia á nosa categoría dentro SNS”.

Hospital Montecelo.. SERGAS - Arquivo
Hospital Montecelo.. SERGAS - Arquivo

A asociación profesional de servizo xerais declara que “desde 2008 o SERGAS traslada datos ao Executivo central dando a entender que o PSX son persoal Auxiliar Administrativo”. A APSX sinala que segundo os datos trasladados por Sanidade ao Ministerio de Sanidad, “en Galicia habería entre 900 e 1.000 auxiliares administrativos, mais son prazas a extinguir” dentro do sistema sanitario galego.

Queremos que o SERGAS realice un proceso de modificación para que a nosa categoría profesional figure correctamente homologada no catálogo de persoal estatutario do SNS”, apuntan nun comunicado. O obxectivo é que os PSX sexan homologados coa categoría de Grupo Auxiliar da Función Pública.

Por último, a APSX pide participar en calquera dos procesos relacionados coa “aprobación, cualificación e clasificación da nosa categoría” pois consideran que son “o principal interlocutor da nosa categoría” ante o que ven como unha defensa non axeitada dos seus intereses por parte das organizacións sindicais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta