A nova campaña de verán de Renfe conta con billetes de entre cinco e 19 euros para as familias

Esta promoción estará dispoñible dende o martes 4 ata o domingo 9 de xullo nos puntos de venda habitual da empresa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/07/2023 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

Renfe lanzou unha campaña de verán con billetes de tren por cinco euros para os menores de 13 anos para todos os trens AVE, Alvia, Euromed e Intercity e por 19 euros para os adultos nunha selección de traxectos. Estes billetes promocionais poderanse adquirir a partir deste martes e ata o domingo 9 de xullo. Esta campaña está enfocada para que as familias poidan viaxar entre o 24 de xullo e o 10 de setembro, segundo sinala a compañía.

Tren de Renfe
Tren de Renfe | Fonte: Europa Press

Os billetes dos nenos a partir dos catro anos teñen un prezo fixo promocional de 5 euros coa opción básica, podendo escoller un billete Elixe por 12 euros. Os billetes promocionais de neno están dispoñibles para todos os trens e traxectos sen restrición de cota. Os nenos ata o tres anos viaxan gratis se non ocupan praza. En canto aos billetes promocionais de adulto, a campaña permite elixir entre billete Básico a 19 euros, ou billete Elixe a 25 euros.

Os billetes de adulto están dispoñibles para viaxar nunha selección de traxectos como Madrid-Barcelona, Valencia, Sevilla, Granada, Pamplona, Logroño ou León ata esgotar existencias. Os billetes promocionais pódense adquirir en todas as canles de venda habituais de Renfe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta