Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2023 | Actualizada ás 20:02
A Xunta solicitou unha aclaración ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre o tres sentencias que anulan contratos de transporte escolar concedidos a empresas "dominadas" polo grupo Monbus.
Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, en resposta a unha pregunta oral defendida no pleno do Parlamento de Galicia polo deputado socialista Pablo Arangüena, quen acusou á Xunta de favorecer un "capitalismo de amiguetes" ao permitir que a compañía de transporte practique "un abuso da súa posición dominante" no mercado.
O escrito de aclaración remitido ao Alto Tribunal galego débese a que a Xunta entende que as sentenzas que anulan os contratos parten dunha distinta interpretación dun dos puntos dos pregos da licitación relativo á contabilización sobre o número máximo de lotes adxudicables, como explicou Rodríguez.
Así mesmo, tras incidir en que ese punto sinalado pola Xunta non foi recorrido, o conselleiro reiterou en varias ocasións que as sentenzas sinalan que "non hai indicios fundados de prácticas colusorias" no procedemento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.