A 'Rapa das Bestas' reúne un ano máis a miles de visitantes en Sabucedo

Mañá luns terá lugar o terceiro e último curro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 09/07/2023 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

A parroquia estradense de Sabucedo acolleu un ano máis unha 'Rapa das Bestas', Festa de Interese Turístico Internacional, na que se deron cita miles de visitantes durante esta fin de semana.

Rapa das Bestas
Rapa das Bestas | Fonte: Agostime - Europa Press

O deste domingo foi o segundo curro, despois de que este sábado as bestas fosen recollidas no Castelo pola tarde, sobre as 19.00 horas, mentres que nesta xornada dominical o evento celebrouse ás 14.00 horas.

Para este luns, cando está previsto o terceiro e último curro, ás 11.00 horas abriranse as portas e a partir das 12.00 horas levarase a cabo.

Como cada ano, os 'aloitadores' son os encargados desa rapa, cumprindo os requisitos necesarios para poder pertencer a este selecto grupo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta