Tellado anuncia que Rosa Quintana terá "altas responsabilidades" con Feijóo

"A min Feijóo díxome que falase con Rosa e Rosa, sabedes o que contestou?, dixo: 'o que digan os xefes'", di Tellado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2023 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

O vicesecretario de Organización do PP e cabeza de lista pola Coruña, Miguel Tellado, encabezou este xoves un acto electoral dos populares en Porto do Son co sector pesqueiro como protagonista e no que estivo acompañado por, entre outros, a número tres por Ourense e ex titular da Consellería de Mar, Rosa Quintana. Dela, dixo que está "chamada a altas responsabilidades no próximo goberno de España" que, aspiran, presida Alberto Núñez Feijóo: "Non vai ser unha simple deputada".

Tras reivindicar que se trata dun sector "tremendamente importante para Galicia e para o PP", Tellado garantiu o respaldo dos populares ao mar e afirmou: "Entre ecoloxía e economía, defenderemos os postos de traballos".

O dirixente popular, que aproveitou a súa intervención para felicitar ao alcalde polo "resultado extraordinario" do pasado 28M, dedicou varios minutos da súa alocución para destacar a elección da ex conselleira Quintana para as listas populares, algo que ela aceptou como unha orde dos "xefes".

Tellado, que tamén recoñeceu a traxectoria e o paso atrás de Joaquín García Díez --que foi portavoz de pesca en Madrid--, explicou que precisamente esa é unha da razón ou o "culpable" de que Quintana, a quen situou como a "patroa maior de Galicia" nos últimos 14 anos, fose chamada a Madrid.

"Fun o encargado de chamala para tenteala, para saber se estaba disposta. A min Feijóo díxome que falase con Rosa e Rosa, sabedes o que contestou?, dixo: 'o que digan os xefes'", contou Tellado, quen advertiu de que "Rosa non vai a Madrid para ser unha simple deputada", xa que os populares "esperan gañar as eleccións e está chamada a altas responsabilidades no próximo goberno de España".

O dirixente popular tamén tivo palabras para o sucesor de Quintana, para subliñar que "queda o listón moi alto", pero "está preparado para facelo, porque ten unha gran escola, que é a escola de alcaldes". "Se alguén sabe facer política en Galicia, eses son os alcaldes", salientou dirixíndose a Alfonso Villares.

Miguel Tellado nun mitin con Rosa Quintana
Miguel Tellado nun mitin con Rosa Quintana | Fonte: PPDEGALICIA - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta