Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2023 | Actualizada ás 19:48
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reprochou ao candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, que "non se pode gobernar para todos entregándolle o país á ultradereita".
Formoso acudiu este domingo á procesión marítima do Carmen de Rianxo, desde onde advertiu aos populares que buscan "ir polo votante máis centrado polos seus cálculos electorais", que "xa non son cribles" porque "a Feijóo lle caeu a careta de moderado".
O dirixente socialista sinalou que "non se pode gobernar para todos", como reza o último slogan do PP, despois de pactar en 140 concellos e en tres comunidades autónomas "coa ultradereita".
Nesta liña, cualificou a Vox como "un partido de extremadereita, antieuropeo, contrario aos dereitos das mulleres e que odian a todos os que non son como eles".
Así, Formoso denunciou que Feijóo "está disposto a todo para chegar ao poder". Do mesmo xeito, acusou ao líder popular de "branquear a violencia de xénero" ao falar de "un divorcio duro" e pactando "con quen nega a súa existencia".
"Non enganan a ninguén: son un lobo con pel de cordeiro", apuntou Formoso que lembrou que Feijóo "sempre estivo aí, con Aznar e Rato, con Bárcenas e a Gürtel".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.