O PPdeG denuncia as 20 prórrogas á tramitación da transferencia da AP-9 no que vai de lexislatura

Elevan a cifra ata 35 desde a chegada de Pedro Sánchez á Presidencia do Goberno.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2025 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

Os deputados do PPdeG no Congreso denunciaron que as prórrogas á tramitación da proposición de lei para a transferencia da AP-9 a Galicia alcanzaron xa as 20 no que vai de lexislatura e suman ata 35 desde a chegada de Pedro Sánchez á Presidencia do Goberno de España. Así o sinalaron despois de que este martes a Mesa do Congreso acordase a 20ª prórroga no prazo de presentación de emendas, a pesar de que no seu día se pactou tramitala polo procedemento de urxencia.

"Unha vez máis acredítase o boicot do Goberno de Sánchez, coa conivencia do PSOE galego, impedindo que unha iniciativa avalada pola unidade do Parlamento de Galicia poida pasar a Comisión para ser debatida no relatorio", lamentou o deputado galego e vicepresidente segundo da Comisión de Transportes e Mobilidade Sustentable do Congreso, Celso Delgado. Segundo recolle o PP nun comunicado, Delgado lembrou que mentres isto ocorre, "outras comunidades autónomas, en cambio, están a recibir un trato diferenciado e moito máis beneficioso" por parte do Executivo central.

Audasa renova as súas seis áreas de servizo da AP-9
Audasa renova as súas seis áreas de servizo da AP-9 | Fonte: AUDASA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta