Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/07/2023 | Actualizada ás 13:32
O Pleno do Consello de Seguridade Nuclear (CSN) aprecia favorablemente o plan de limpeza e descontaminación presentado pola siderúrxica Megasa tras a fuga radioactiva do pasado 8 de xuño debido á fusión accidental dunha fonte de Cesio-137 na fábrica de Narón (A Coruña). Esta apreciación completa a emitida polo CSN o 28 de xuño e que permitía á empresa iniciar os labores de limpeza da instalación.
Neste sentido, a decisión do regulador permite que a instalación comece coa xestión do material contaminado radiolóxicamente cumprindo as medidas de seguridade. A reactivación da súa actividade industrial deberá ser verificada polo CSN unha vez que se realicen as probas pertinentes que ratifiquen a ausencia de contaminación na zona de produción.
Esta situación levou a Megasa a presentar en xuño un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) para o medio centenar de traballadores da sección de acería da planta situada en Xuvia, Narón, ante a imposibilidade de retomar a fundición pola fuga.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.