Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/07/2023 | Actualizada ás 09:55
Ca chegada do verán coidarse é todo un reto. Ao ter máis tempo facemos máis plans que normalmente supoñen comer fóra e dunha maneira máis despreocupada e ademais elévase a inxesta de alcol xa que hai máis festas e verbenas. Ademais, as recorrentes ondas de calor no país tamén afectan e se o xuntamos todo, poden ser motivos máis que suficientes para que a saúde dunha persoa perige por causa dun colesterol alto.
As ondas de calor poden desequilibrar todo o noso sistema, principalmente cardiovascular. Segundo recentes estudos, máis do 50% da poboación española adulta ten niveis de colesterol alto, por encima do 200mg/dl. Ademais, 7 de cada 10 españois non se fixeron unha revisión de colesterol, segundo enquisa realizada pola Fundación Española do Corazón (FEC).
Pero, que implica ter o colesterol malo alto de forma sostida? Esto pode derivar en moitas complicacións, sendo o ataque cardíaco e o accidente cerebrovascular (ou derrame) algunhas das máis perigosas. A forma máis eficaz de controlar esta patoloxía nas súas primeiras etapas é cambiar o estilo de vida cara a un máis san e activo. O grupo Lanier Pharma lanza unhas recomendacións para controlar o colesterol alto no verán e poder gozar desta época da mellor maneira.
RECOMENDACIÓNS
O máis importante, elexir unha dieta equilibrada, de estilo 'mediterráneo', é dicir, comer pratos liviáns e frescos con ingredientes de proximidade tales como verduras, cereais integrais, fibras, froitos secos, peixes e ovos. Evitar o tabaco tamén é importante pois aínda que o consumo deste non sexa diario, é un gran perigo, posto que a nicotina é altamente adictiva e conleva grandes riscos para a saúde.
Un control no consumo de alcol. O alcol contén moitas calorías e azucres por iso, o seu consumo excesivo, aumenta a cantidade de triglicéridos en sangue. Aínda que estes non sexan colesterol per se, tamén teñen efectos nocivos sobre o aparello circulatorio e o corazón. Tamén é importante facer exercicio de maneira habitual xa que a actividade física sempre é positiva para controlar o peso e tamén axuda a dminuir o colesterol LDL en sangue. Con 45-60 minutos unhas 4-5 veces por semana é máis que suficiente.
Outra das recomendacións é utilizar suplementos que axuden a desempeñar en todo momento unha tarefa de prevención. Compoñentes naturais como o Omega 3 mariño, allo negro ou cereais naturais como a cebada ou a avena, axudan a reducir os niveis de colesterol total, colesterol de lipoproteínas de baixa densidade e triglicéridos en sangue.
Todas estas recomendacións son compatibles con desfrutar, polo que é importante non deixarse levar pola pereza e as vacacións e coidarnos sempre, independentemente da época do ano na que nos atopemos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.