Autorizado o convenio para executar o plan de sustentabilidade turística Terras de Santiago, que inclúe a restauración de varios camiños

Conta con 1,3 millóns de orzamento para realizar actuacións estratéxicas de mellora da xestión turística do destino.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2023 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

O Goberno galego autorizou a firma do convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Terras de Compostela para a execución do 'Plan de Sustentabilidade Turística en destino Nova experiencia enogastronómica e incremento da cota de mercado de Terras de Santiago'. Conta con 1,3 millóns de orzamento.

Segundo informa a Xunta, este plan inclúe actuacións en liñas estratéxicas que buscan a mellora da xestión turística do destino a través do incremento da calidade dos produtos e servizos turísticos.

Entre elas, o Executivo autonómico apunta aos mercados gastronómicos; restauración ambiental no Camiño dos Arrieiros; ordenación do uso turístico de ribeiras e canles; mobilidade sustentable en Ponte Ulla, na senda dos pescadores e viticultores do río Ulla e na senda agropecuaria de Ames.

Engloba tamén actuacións como o reforzo das sendas agrarias de Brión; unha instalación fotovoltaica no mercado da Carballeira; a dixitalización do destino; un centro de experiencias gastronómicas; o reforzo da oferta na Carballeira; a tenda gastronómica Taberna do Bispo; un centro de visitantes do destino enogastronómico, así como a creación e promoción de produtos enogastronómicos e de produtos de turismo activo.

Sinalización do Camiño de Santiago
Sinalización do Camiño de Santiago | Fonte: EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta