O Goberno español seguirá loitando para erradicar ao “grupo terrorista” Resistencia Galega

O delegado do Goberno central en Galicia di que Galicia é, agora, a única autonomía que ten un “grupo terrorista” operando.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/04/2015 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

As forzas de seguridade do Estado español continúan os seus traballos para tentar rematar coa ameaza que supón a existencia do grupo Resistencia Galega. Así o manifestou o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, que insistiu na “erradicación” de todas as súas actuacións a través da actividade policial.

Ataque de Resistencia Galega contra as obras do AVE
Ataque de Resistencia Galega contra as obras do AVE

"De Resistencia Galega dixen sempre, como sabe toda a sociedade, que é un grupo terrorista. Non é admisible a existencia dun grupo terrorista no noso territorio, sobre todo sendo a única Comunidade que conta cun grupo así activo. Así o manifestou coas súas accións ao longo de todo este tempo", dixo o venres nun acto na Coruña.

Por iso, suliñou que desde o Goberno central seguirán "pelexando para erradicar esas actuacións" e resolver a súa actividade ao tempo que  expresou a súa “condena máis absoluta a todos os actos terroristas" e calquera actividade que leven.

Sobre o comunicado no que a organización terrorista esixe lealdade aos seus membros tras varias baixas, Villanueva dixo que este "comunicado é un tema interno do grupo e evidentemente temos que condenar todas as accións vinculadas co terrorismo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta