Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 11/08/2023 | Actualizada ás 10:16
Un home morreu na mañá deste venres no municipio coruñés de Cariño, tras envorcar o vehículo que conducía e quedar atrapado debaixo.
Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu antes das 8.00 horas da mañá na estrada que dá acceso á canteira de Landoi, na parroquia de Feáns. A alerta deuna un particular que atopou á vítima debaixo do vehículo.
Seguidamente, o 112 avisou aos bombeiros do Eume e ao GES de Ortigueira para que puidesen liberar ao home de debaixo do tractor e facilitar a atención dos sanitarios, aínda que non puideron facer nada por salvarlle a vida.
Ata o lugar dos feitos tamén acudiron axentes da Garda Civil, que colaboraron cos equipos de emerxencias para tratar de solicitar toda a información sobre o suceso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.