Por Patricia Otero | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2023 | Actualizada ás 22:00
É o embarazo a etapa máis bonita dunha muller? Laura Franco, xerocultora, tiktoker e futura nai, é a nosa quinta convidada a Laretando e, entre outras moitas cousas que tratamos no episodio, tamén falamos do embarazo e de todo o proceso de idelización e romantización que hai cara el que, en moitas ocasións, nada ten que ver coa realidade.
Con Laura tamén falamos en profundidade sobre a saúde mental e o transtorno de ansiedade, sobre as residencias de maiores e da profesión de xerocultor - ou 'limpacús' como di Laura- e tamén tratamos un tema polémico como a diferenza de idade nas parellas.
Todo isto e máis no novo episodio de Laretando que xa tedes dispoñible en Spotify e YT!
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.