Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2023 | Actualizada ás 18:33
A xunta directiva da Asociación da Ruta do Viño Rías Baixas, que se constituíu o pasado 28 de xullo, elixiu a José Simón Ferro, de Adegas As Laxas, como presidente.
Mentres, a vicepresidencia recaeu no alcalde de Cambados, Samuel Lago. Os cargos de tesoureiro e secretario complétanse con Adolfo Picáns, de Adegas Gran Bazán, e Ramón Huidobro, secretario xeral do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.
Así o comunicaron desde a entidade despois de que este mércores tivese lugar unha reunión do ente xestor co novo presidente da Ruta.
As eleccións á Xunta Directiva da Asociación Ruta do Viño Rías Baixas tiveron lugar o pasado 20 de xullo en Cambados, segundo explican os seus responsables.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.