Publicadas no DOG as expropiacións para a explotación mineira en Melón

A medida afecta a unha superficie de 769.469 metros cadrados, que será a que se vai a expropiar, repartida en case medio centenar de propiedades con distintas superficies, a maior de 331.888 metros cadrados e a menor de 199.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 18/08/2023 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica o acordo da Xefatura Territorial de Ourense polo que se fai pública a relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos formulada por Mineira de Rocas. Con iso, dáse resposta á solicitude de expropiación forzosa dos terreos necesarios para o desenvolvemento dos traballos nas concesións de explotación mineiras no concello ourensán de Melón.

Faise ante a imposibilidade de chegar a acordos cos propietarios afectados e en cumprimento da Lei de Expropiación Forzosa na que se amparou Mineira de Rocas. A medida afecta a unha superficie de 769.469 metros cadrados, que será a que se vai a expropiar, repartida en case medio centenar de propiedades con distintas superficies, a maior de 331.888 metros cadrados e a menor de 199.

Espacio onde se abrirá a mina de Melón
Espacio onde se abrirá a mina de Melón | Fonte: montesdeguillade.blogaliza.or

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta